Romería de San Miguel de Breamo

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Romería de San Miguel de Breamo

8 Maio

O Concello de Pontedeume anuncia que o vindeiro mércores 8 de maio terá lugar a romaría de San Miguel de Breamo.

Este ano o Concello puxo a punto o acceso peonil a Breamo, cunha obra feita grazas a unha subvención con fondos europeos.

Realizáronse obras de mellora coa instalación dunha nova pasarela e dunha escaleira para mellorar a seguridade e a accesibilidade, ademais das habituais tarefas de limpeza e desbroce.

Por estrada, o acceso á romaría realizarase de xeito que poidan circular dous vehículos subindo e baixando simultaneamente, e garantindo o acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade.

Estará habilitado un espazo de estacionamento na beira esquerda ao final da estrada en sentido de subida.

Detalles

Data:
8 Maio
Categorías do Evento:
, , ,

Recinto

Ermita de San Miguel de Breamo
CP-6901
Pontedeume, 15600
+ Google Map