QUERO SER HACKER!

- Este evento xa pasou.
QUERO SER HACKER!
8 Abril, 2022, 18:00 - 19:30

O Clube de innovación Horizontec, en colaboración co Concello de Pontedeume, organiza unha nova proposta relacionada coas novas tecnoloxías.
Queres coñecer máis sobre ciberseguridade con demostracións prácticas sobre leaks en contrasinais,
execución de código remoto ou SQL Injection?
Da man de Helena Castro, técnica de ciberseguridade en dooingIT e con unha ampla experiencia como participante en competicións como Capture The Flags e convencions como BlackHat ou rootedCON achegarémonos ao interesante mundo da ciberseguridade.
Terá lugar o venres 8 de abril, ás 18 horas, na Casa da Cultura.