Programa bonos dixitais
- This event has passed.
Programa bonos dixitais
8 Agosto, 2023
Axudas para a execución do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
“Destinatarios dos bonos:
Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas empadroadas en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia e que ademais:
• xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (RISGA) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.
• ou calquera outra persoa con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social. No caso da exclusión social, verificarase a concorrencia adicional dalgún dos factores de exclusión establecidos (considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores na mesma; ou 1,75 veces o IPREM, haise menores na unidade familiar”.