Obra de teatro “Vaia Tea!” de Xucrut Teatre

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Obra de teatro “Vaia Tea!” de Xucrut Teatre

6 Xuño, 2023, 16:30 - 17:30

O Concello de Pontedeume acolle a obra de teatro “Vaia Tea!” de Xucrut Teatre.

Esta actividade enmárcanse na campaña “Aquí e Acolá O Xusto” da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.

O comercio xusto é un movemento social que promove as relacións comerciais máis igualitarias para paliar o empobrecemento dos países do Sur Global.

Esta obra pretende achegar aos/as espectadoras á realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.
A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.

A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información acerca da súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega ás nosas mans.

A campaña “Aquí e Acolá O Xusto” de Solidariedade Internacional de Galicia nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos.

Detalles

Data:
6 Xuño, 2023
Hora:
16:30 - 17:30
Categorías do Evento:
, , ,

Recinto

Casa da cultura
Rúa San Agustín, 20
Pontedeume, A Coruña 15600 España

Organizador

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Correo
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador