Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Master Class de Zumba Solidaria

16 Febreiro, 2025, 11:00 a.m. - 12:30 p.m.

O Concello de Pontedeume organiza, este domingo 16 de febreiro ás 11:00h e a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro, unha Master Class de Zumba Solidaria no Pavillón Municipal A Casqueira.

A entrada é de balde.

Animádevos a desfrutar deste gran evento dirixido por instructoras/es ZIN e colaborar ca Asociación Española Contra o Cancro e a súa xunta local en Pontedeume.
Haberá unha zona taller infantil para axudar á conciliación das/dos participantes na actividade.

Detalles

Recinto

Organizador