II Mostra Infantil de Folclore

Cargando eventos

« Todos os eventos

II Mostra Infantil de Folclore

10 Xuño, 18:00 - 20:00

O 10 de xuño ás 18.00 horas na Alameda de Rajoy de Pontedeume, celebraráse a II Mostra de Folclore Infantil de Pontedeume organizada pola Asociación Folclorica e Cultural Orballo en colaboración co Concello de Pontedeume.

Nesta edición, ademáis das Escolas de Baile, pandeireta, gaita e percusión de Orballo, participarán tamén dous grupos da provincia que son a Escola Municipal de Folclore de Betanzos e a Agrupación Folclórica “Ancoradoira” de Culleredo.

Ademáis cabe destacar tamén a participación das alumnas da clase de iniciación á Pandeireta para adultos da Escola de Orballo.

Esta edición estará adicada á causa solidaria “Una ayuda para Emma”, unha rapaza de catro anos que padece unha enfermidade denominada “Síndrome de Angelman” e os fondo recadados irán destinados a sufragar as terapias que necesita.

Detalles

Data:
10 Xuño
Hora:
18:00 - 20:00
Categorías do Evento:
, ,

Recinto

Alameda de Raxoi
Alameda de Raxoi
Pontedeume, 15600 España

Organizador

AFC Orballo
Teléfono:
Avda. Coruña 18
Correo electrónico:
orballo@orballo.org
Ver a páxina web do Organizador