Festa Infantil de Samaín

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Festa Infantil de Samaín

31 Outubro, 2022, 17:30 - 20:00

O Concello de Pontedeume amplía a súa oferta de actividades neste Samaín 2022.

Desde o ano 2015 Pontedeume celebra a súa Festa de Samaín, unha celebración xa consolidada que ofrece unha completa proposta de iniciativas para a veciñanza.

Para esta edición están organizadas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo de toda a fin de semana.
Así o venres, 28 de outubro, de 18 a 20 horas ás máis pequenas e pequenos poderán participar no percorrido do “Truco ou trato”, con saída desde o Centro de Maiores, e no que visitarán os diferentes establecementos e rúas comerciais do casco histórico.

Durante a noite do sábado os disfraces serán os protagonistas cunha nova iniciativa que xurde grazas á colaboración dos establecementos de hostalaría, que evaluarán as caracterización máis terroríficas que visiten os seus locais, en función da orixinalidade, dificultade de elaboración, vistosidade e posta en escena, poidendo optar a diferentes premios.
Todos os establecimientos interesados en participar poden inscribirse no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
Ligazón a máis información

O luns, 31 de outubro, o escenario trasládase á Alameda de Rajoy, coa tradicional Festa Infantil de Samaín que comezará ás 17:30 horas e onde atoparemos o Espectáculo de Animación Cantabaila, obradoiros de maquillaxe, actividades de elaboración de doces en forma de arañas, caramelos terroríficos, etc…
Ademáis poderemos desfrutar do tradicional magosto e postos de chocolate.

A Festa de Samaín extenderase ata as 20 horas, momento no que poderemos trasladarnos a unha das iniciativas máis innovadoras desta edición.
Desde as 20:30 nos Xardíns de Lombarderos espéranos “O pasadizo do terror da Árbore da Bruxa” que se realizarár en colaboración coas asociacións teatrais eumesas.
O entorno desta árbore, coñecida polas súas raíces aéreas en forma de barbas como A Árbore da Bruxa, será o lugar onde se desenvolverá esta actividade que invita a todos os participantes a percorrer durante a noite os longos corredores deste xardín que estarán repletos de néboa, sustos e sorpresas para disfrute dos participantes máis valentes que se atrevan a adentrase.

Ademáis, como ven sendo habitual, durante estes días diferentes puntos do casco histórico de Pontedeume, como o Torreón dos Andrade ou la entrada aos xardíns contarán con diferentes esculturas sobrecolledoras que ambientarán durante estes días a vila dos Andrade.

 

Details

Date:
31 Outubro, 2022
Time:
17:30 - 20:00
Event Categories:
, , , ,

Venue

Alameda de Raxoi
Alameda de Raxoi
Pontedeume, 15600 España

Organizer

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Email
correo@pontedeume.gal
View Organizer Website