Fashion Night
- This event has passed.
Fashion Night
2 Xuño, 2023, 19:30 - 23:30
A Unión de Comerciantes e autónomos Eumeses (UCOA) e o Concello de Pontedeume organizan o venres, día 2 de xuño, unha nova edición da “Fashion Night” con numerosas actividades para todas as idades.
A presentación do evento será ás 19:30 horas na praza Real, onde farase entrega dos premios do Concurso Pontedpinchos 2023
O programa inclúe un PhotoCall na Praza Real, numerosos pasarrúas e un desfile canino na Praza do Convento
A Charanga “Santa Compaña”,a Batukada eumesa “Retumbatuke” e as “Magic Princess” da compañía Pablo Performance percorrerán as rúas do casco histórico, e haberá actuacións simultaneas nas seguintes ubicacións: Rúa Couceiro Freijomil, Cantón, Praza do Conde e Rúa Ferreiros con “Fusion Dance”, “Escola de danza Paso a paso” e o Clube de Ximnasia Rítmica Acordes Pontedeume.
Convidamos a todas as veciñas e veciños a achegarvos o venres na tarde noite a desfrutar doutra edición da “Fashion Nigh”.
Desde o Concello de Pontedeume queremos tamén dar as grazas a todos os establecementos participantes, onde poderedes desfrutar de grandes descontos.