Exposición Pacto Verde Europeo

Home / Exposición Pacto Verde Europeo
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Exposición Pacto Verde Europeo

3 Xuño - 17 Xuño

A exposición Pacto Verde Europeo de EUROPE DIRECT A Coruña chega o 3 de xuño a Pontedeume

• A cidadanía poderá achegarse de forma sinxela e didáctica aos obxectivos, retos e medidas climáticas e medioambientais que establece a Unión Europea para as vindeiras décadas
• Pontedeume tamén acollerá unha actuación de malabares, equilibrios e acrobacias na rúa o día 5 de xuño ás 12.30 horas

A mostra itinerante sobre o Pacto Verde Europeo do centro EUROPE DIRECT A Coruña, pertencente a Deputación da Coruña, chega ao Concello de Pontedeume o día 3 de xuño, onde poderá visitarse durante dúas semanas no Paseo Marítimo da localidade.

A exposición da a coñecer os obxectivos da Comisión Europea en materia ambiental para os vindeiros anos.

O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da Unión Europea para transformar a súa economía nas vindeiras décadas e avanzar cara un sistema sostible, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos.

O obxectivo final é acadar a neutralidade climática no ano 2050.

A mostra estará acompañada dunha performance artística con malabares, acrobacias e equilibrios que servirá de introdución á temática da exposición e que se celebrará xunto á mostra o día 5 de xuño ás 12.30 horas.

Nos paneis que compoñen a mostra existen tamén códigos QR que permiten ampliar a experiencia e levala a unha dimensión interactiva.

Así, poderase atopar a Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se atopan vídeos realizados polo alumnado de oito centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro EUROPE DIRECT A Coruña.

Tamén está dispoñible o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades.
Pódese acceder ao mesmo a través da páxina web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/escaperoom/

Máis info:
https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2022/exposicion-itinerante-pacto-verde-europeo

Detalles

Comezo:
3 Xuño
Remate:
17 Xuño
Categorías do Evento:
, ,

Recinto

Paseo Marítimo
Paseo Marítimo
Pontedeume, 15600 España

Organizador

Concello de Pontedeume
Teléfono:
981 433 054
Correo electrónico:
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador