Día do Deporte en Igualdade

Home / Día do Deporte en Igualdade
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Día do Deporte en Igualdade

15 Maio, 11:00 - 20:00

O Concello de Pontedeume organiza unha nova edición de Deporte en Igualdade, no marco do día do deporte na rúa, a favor da igualdade de xénero.
A xornada será este domingo 15 de maio de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

A iniciativa ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica deportiva.
En total, programáronse 26 actividades repartidas por diferentes puntos da vila eumesa: Praza do Conde, Xardíns de Lombardero, Alameda, Peirao e o Torreón dos Andrade.
Entre as propostas deportivas, propóñense tiro con arco, ciclismo, axedrez, tirolina, baloncesto, atletismo ou rappel, entre outras.
Habilitaranse zonas de descanso e outorgaranse camisetas conmemorativas e agasallos nas actividades de igualdade.

Detalles

Data:
15 Maio
Hora:
11:00 - 20:00
Categoría do Evento:

Organizador

Concello de Pontedeume
Teléfono:
981 433 054
Correo electrónico:
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador