Concurso “PONTED’PINCHOS 2022”

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Concurso “PONTED’PINCHOS 2022”

13 Maio, 2022, 20:00 - 22:30

O Concello de Pontedeume e a Unión de Comerciantes e Autónomos de Pontedeume (UCOA) organizan o concurso ‘Ponted’Pinchos 2022’ os días 13, 14 e 15 de maio.

Os establecementos participantes na ruta de pinchos serán: Stollen, A Pitanza, Avellaneda, Ciaboga, Cervecería Alameda, Barón, Futbolín, Tasca da Avoa, Cova das Bruxas, O Norte, Varadoiro, Bico de Xeado e A Raiola.

O concurso será o venres 13 de 20:00 a 22:30 horas, o sábado 14 de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas e o domingo 15 de 13:00 a 15:00 horas.

Un xurado profesional premiará os tres mellores pinchos, baseándose na súa presentación, sabor, servizo, orixinalidade e emprego de ingredientes locais ou de proximidade.

O xurado popular tamén entregará o premio ao mellor pincho, en función da valoración do público. Para poder votar, cómpre selar as visitas nos establecementos. Ademais, as veciñas e veciños poderán participar no sorteo dunha tablet.

Detalles

Data:
13 Maio, 2022
Hora:
20:00 - 22:30
Categorías do Evento:
, , ,

Organizador

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Correo
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador