Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Charla de Laura Herrera sobre a defensa do uso e da xestión dos recursos naturais

14 Xuño, 2022, 5:30 p.m. - 7:00 p.m.

Pontedeume recibe a Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental da Colectiva Feminista Para o Desenvolvemento Local, dentro da xira que está a realizar esta defensora de dereitos centroamericana por varias vilas galegas. A charla terá lugar o martes, 14 de xuño, ás 17:30 no salón de actos da Casa da Cultura de Pontedeume.

Nesta xira, Herrera denuncia as consecuencias que ten para un país como El Salvador a mala xestión dos recursos naturais e para explicar en que consiste o movemento salvadoreño para a xestión popular da auga, así como as sinerxias que se xeraron para tecer este movemento a nivel municipal e social.

A activista salvadoreña presentará os resultados da Escuela de lideresas pola defensa ambiental que o Colectiva Feminista desenvolveu ao longo do último ano no Departamento de Cuscatlán, co acompañamento da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e co financiamento do Fondo Galego de Cooperación.

Detalles

Recinto

  • Casa da cultura
  • Rúa San Agustín, 20
    Pontedeume, A Coruña 15600 España

Organizador