Andaina de verán

- Este evento xa pasou.
Andaina de verán
18 Agosto, 2024, 09:30 - 13:00

O Concello de Pontedeume organiza a ‘Andaina de verán’ o vindeiro 18 de agosto, actividade que consistirá nun percorrido circular a pé.
A andaina será de dificultade media cun percorrido de 13 km con saída dende o Torreón dos Andrade, realizando tramos do trazado do Camiño Inglés ata a parroquia de Andrade para rematar en Esteiro con chegada de novo ao casco urbano.
As inscricións poden realizarse na oficina de Turismo, no correo oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981 43 02 70 ata ás 12h do venres 16 de agosto.
Prazas limitadas.