Roteiro artístico cultural polas rúas da vila

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Roteiro artístico cultural polas rúas da vila

17 Maio, 2023, 12:00 - 14:00

O Ateneo Eumés, Colectivo Terra e o Concello de Pontedeume organizan un roteiro artístico cultural que partirá o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 12 da mañá dos Xardíns de Lombardero e dará conta de entidades e persoeiros vinculados con Pontedeume mentres se visitan diferentes lugares do casco histórico.

Intervirán Carmen Blanco, Anxo Angueira, Manuel Ferreiro, Emma Pedreira, María Barcala, Miguel Anxo Seixas, Lois Diéguez, Suso de Toro e Claudio Rodríguez Fer e contará coa participación da banda da Escola de Música Charamela.

Neste roteiro daránse a coñecer actos como a visita de As Irmandades da Fala que estiveron en Pontedeume no ano 1916 tal como aparece na fotografía.

 

Detalles

Data:
17 Maio, 2023
Hora:
12:00 - 14:00
Categorías do Evento:
, ,

Recinto

Casco histórico
Pontedeume, A Coruña 15600 Spain

Organizadores

Ateneo Fernán Martís de Pontedeume
Colectivo Terra
Concello de Pontedeume