Aberto o prazo de preinscrición para as Escolas Deportivas Municipais de verán do Concello de Pontedeume.
Duración das Escolas Deportivas de Verán: do 3 de xullo ao 31 de agosto.
Preinscrición: do 5 de xuño ao 16 de xuño.
Deberá cubrirse o modelo de folla de preinscrición, debendo formalizarse obrigatoriamente por rexistro de entrada no Pavillón Municipal de Deportes ‘A Casqueira’, no rexistro do Concello ou polo correo electrónico deportes@pontedeume.gal
Sorteo e publicación listaxes: 19 de xuño.
Pagamento: do 19 ao 23 de xuño.
Máis información no número de teléfono 981433041 ou no Pavillón Municipal de deportes A Casqueira, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30h.