Concurso de Maios

Concurso de Maios

O Concello de Pontedeume organiza o Concurso de maios que terá lugar o vindeiro domingo 1 de maio e que comezará coa concentración dos maios participantes, ás 17:30 nos Xardíns de Lombardero (anexos ao Torreón dous Andrade), dando inicio ao percorrido de todas as figuras realizadas polos participantes ata a Alameda de Rajoy onde quedarán expostos para desfrute do público e para a valoración por parte dos membros do xurado.

No concurso establécense dúas categorías en función das dimensións:” Maio pequeno” para aqueles con medidas ata 75 cms de altura, 60 cms de ancho e 90 cms de longo e “Maio grande” para superiores.

Para cada unha das categorías establécense tres premios con entrega de diploma e trofeo onde se puntuará a figura elaborada, o uso de flores de tempada, dificultade, elementos vexetais empregados, así como a uniformidade e o uso de bandas ou coroas de flores por parte das e dos “levadores do Maio”.

Ademais destes premios, tamén se entregará o premio á mellor copla onde se puntúa a interpretación e orixinalidade da canción, así como o uso de instrumentos musicais.

A actividade contará coa participación da Asociación Folclórica Cultural Orballo e haberá entrega de detalles para todas e todos os participantes.

Todas aquelas persoas que desexen inscribirse poden contactar co departamento de Cultura do Concello de Pontedeume en horario de 09:00 a 14:00 horas (Teléfono 981433039) e ata 15 minutos antes do inicio da actividade nos Xardíns de Lombardero.

 

Bases: