Concurso de disfraces de Samaín coa colaboración dos establecementos de hostalaría de Pontedeume

Concurso de disfraces de Samaín coa colaboración dos establecementos de hostalaría de Pontedeume

O Concello de Pontedeume impulsa o Concurso de Disfraces de Samaín en colaboración cos establecementos de hostalaría.

Todos os establecementos que desexen participan poden inscribirse ata o 26 de outubro no rexistro municipal ou a través
da sede electrónica.

Durante a noite do sábado do 29 de outubro de 2022 as persoas caracterizadas para a ocasión, poden recoller a súa tarxeta de participación e inscribirse nas categorías individual/parella ou grupo.
Os establecementos de hostalaría colaboradores realizarán a valoración da súa caracterización en función da creatividade, maquillaxe, esforzo de elaboración e posta en escena.

O reconto das puntuacións realizarase o domingo 30 de outubro no que se dará a coñecer os disfraces gañadores que poderán desfrutar dunha estancia de fin de semana para dúas persoas na categoría individual ou parella e dunha cea na categoría grupal.

Durante os vindeiros días anunciarase o listado de establecementos participantes así como as instruccións para todas as persoas que desexen participar neste concurso de disfraces de Samaín.