Este martes e mércores en horario de 11:30 a 13 horas haberá obradoiros para rapazas e rapaces entre seis e once anos no Mercado Municipal de Pontedeume. Aprenderán a elaborar as súas propias mini hamburguesas de pescado e pinchos de froitas multicolor.
Categoría: Comercio
Entrada
Día do Mercado
O sábado, 28 de maio, celébrase “O Día do Mercado”. Por este motivo o Concello de Pontedeume, participa outro ano máis na campaña “Quere o teu mercado”. Desde as 12:30 da mañá no Mercado Municipal haberá degustacións de mexillóns, ameixas, berberechos e gambas realizadas por Cunchas Casaprima e desfrutaremos da actuación musical de Luis Blanco...


