Campionato de España de Baloncesto Feminino Infantil

Campionato de España de Baloncesto Feminino Infantil

Pontedeume acollerá dende este domingo 5 de xuño, e ata o mércores día 8, a fase de grupos e os Octavos de Final do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONCESTO FEMININO INFANTIL no Pavillón Municipal de Deportes A Casqueira

Os vindeiros domingo 5, luns 6, martes 7 e mércores 8 de xuño, poderedes achegarvos a desfrutar dos mellores equipos de baloncesto feminino de España.
Horarios dos partidos: 10:00 e 12:15 horas pola mañá. E ás 17:00 e 19:15 horas pola tarde.

Entrada ao pavillón por Avenida de Ferrol.
En colaboración co Pontumio Baloncesto.