Aberto o prazo de inscrición para o Campamento deportivo da Deputación da Coruña ata o vindeiro mércores 28 de maio.
- Rapazada de entre 9 e 14 anos (xa cumpridos).
- Inscricións ata o vindeiro mércores 28 de maio no Pavillón Municipal A Casqueira (en horario de 8:30 a 14:00h) ou no Rexistro do Concello.
- Sorteo prazas: venres 31 de maio, ás 10.00h. no Salón de Plenos do Concello de Pontedeume.
- Datas do campamento: do 30 de xuño ao 5 de xullo.
- Cota de inscrición: 85,00€
- Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán.
Máis datos na propia folla de inscrición.