Balonmano na Rúa

Balonmano na Rúa

Pontedeume acolle esta fin de semana a Copa 5×5 de Balonmán na rúa

O Concello de Pontedeume recibe do 31 de marzo ao 2 de abril esta iniciativa deportiva da Deputación da Coruña, dirixida a deportistas das categorías alevín e benxamín.
A competición será na pista do CEIP Couceiro Freijomil.

Poderanse inscribir nenas/os desas categorías en equipos de 5 a 8 xogadores/as.
Tamén será posible inscribirse maneira individual co fin de asinárselles un equipo o día do comezo da Copa.

A categoría alevín correspóndese coa rapazada nada nos anos 2011 e 2012, mentres que a categoría benxamín corresponde a aqueles que naceron nos anos 2013, 2014 ou 2015.

 

Venres: 17:00h. a 19:15h.

Sábado: 11:00h. a 13:30h. e de 16:00 a 19:30h.

Domingo: Xornada final para os equipos clasificados (semifinais e finais).