Axudas económicas ás familias con nenas e nenos de ata tres anos de idade, para a atención das súas necesidades de conciliación

Axudas económicas ás familias con nenas e nenos de ata tres anos de idade, para a atención das súas necesidades de conciliación

O Concello de Pontedeume informa da convocatoria das axudas económicas ás familias con nenas e nenos de ata 3 anos de idade, estes incluídos, para a atención das súas necesidades de conciliación.
A contía será de 300 euros.
O prazo de presentación comeza mañá venres día 16 e remata o próximo xoves día 22 de decembro.

Estas axudas están dirixidas ás/ós nais/pais, de nenas e nenos nadas/os no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 15 de decembro de 2022.
A persoa solicitante deberá estar empadroada no Concello de Pontedeume, cunha antigüidade mínima de dous anos e tódolos membros da unidade familiar teñen que estar empadroados no mesmo domicilio.
A unidade familiar non poderá superar o límite de ingresos anuais establecido nas Bases.

A documentación obrigatoria que se debe presentar coa solicitude é:
*Fotocopia do D.N.I. da persoa solicitante
*Fotocopia do Libro de Familia (completo) ou Certificado de nacemento das/os fillas/os
*Fotocopia da Declaración do IRPF do exercicio 2021 (completa) da persoa solicitante e da súa parella/cónxuxe, ou no caso de non presentala, Certificado de imputacións expedido pola Axencia Tributaria.

De ser posible, xustificación documental do número de conta bancaria da persoa solicitante
Debe cumprimentarse a solicitude en tódolos seus apartados e asinalos.
Antes de presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello, deberase pasar polo departamento de Servizos Sociais para comprobar que a documentación está completa.