Atención especializada en Alzheimer e outras demencias

Atención especializada en Alzheimer e outras demencias

O Concello de Pontedeume organiza, en colaboración coa entidade AFAL Ferrolterra, un curso de formación en Alzheimer e outras demencias que tratará sobre a abordaxe terapéutica e as mobilizacións e transferencias das persoas dependentes.
Profundízase na enfermidade de Alzheimer como o tipo de demencia máis frecuente.

O curso terá lugar os días 11 e 12 de maio, en horario de 16.30 ata 18.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Pontedeume.
Inscricións: 981 433 288 (Servizos Sociais Pontedeume) e 981 370 692 (AFAL Ferrolterra)