Apertura prazo novas solicitudes Escola Infantil Municipal Chalé Rosa curso 2022/2023

Apertura prazo novas solicitudes Escola Infantil Municipal Chalé Rosa curso 2022/2023

O Concello de Pontedeume abre o prazo para a presentación de solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal Chalé Rosa para o vindeiro curso 2022/2023.

O prazo de presentación abrangue do 1 ó 31 de maio de 2022.
Máis información no teléfono 981433288.

As solicitudes poden descargarse prioritariamente da páxina web municipal ou poderán recollerse , previa cita, no departamento de Servizos Sociais Comunitarios Municipais e nas oficinas do Rexistro Xeral.