Apertura prazo novas solicitudes Escola Infantil Municipal Chalé Rosa curso 2026/2027

Apertura prazo novas solicitudes Escola Infantil Municipal Chalé Rosa curso 2026/2027

O Concello de Pontedeume abre o prazo para a presentación de solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal Chalé Rosa para o próximo curso 2026/2027.

O prazo de presentación será desde o 1 ao 31 de maio de 2026.

Máis información no teléfono 981433288.

As solicitudes poden descargarse na páxina web municipal ou poderán recollerse, previa cita, no departamento de Servizos Sociais Comunitarios Municipais e nas oficinas do Rexistro Xeral.