Xornada Benestar
- Este evento xa pasou.
Xornada Benestar

XORNADA DE BENESTAR – CARA UNHA SAÚDE INTEGRAL
O sábado 20 de setembro, de 10:00h a 14:00h, na Casa da Cultura de Pontedeume.
Haberá charlas e obradoiros de:
– FISIOTERAPIA
– PODOLOXÍA
– NUTRICIÓN
– PSICOLOXÍA
– PILATES e moito máis.
Contaremos cun espazo de conciliación para nenas e nenos de 6 a 12 anos e remataremos a xornada cun cóctel saudable.
Actividade dirixida a maiores de 16 anos (aforo limitado).
Inscricións abertas ata o 18 de setembro no correo electrónico deportes@pontedeume.gal ou de maneira presencial no Pavillón Municipal a Casqueira, de luns a venres en horario de 9:00h a 14:30h.
Terase que indicar o nome completo da persoa asistente, idade, número de teléfono e un correo electrónico.
Tamén, se se fará uso do servizo de conciliación.