8 de Marzo. Día internacional da Muller-Crecendo en Igualdade

8 de Marzo. Día internacional da Muller-Crecendo en Igualdade

O Concello de Pontedeume no marco das actuacións que leva a cabo para impulsar o Principio de Igualdade, piar básico do desenvolvemento dunha sociedade xusta e equilibrada e, partindo dunha perspectiva transversal de xénero dende as distintas áreas e niveis municipais ven impulsando políticas comprometidas para o fomento do mesmo.
Solo entendida así podemos lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes en todas as esferas da vida pública e privada de ambos sexos.

Seguindo esta liña de actuación e dentro da campaña institucional do 8 de marzo “Crecendo en Igualdade”, cuxo obxectivo xeral é o de concienciar a toda a comunidade eumesa da necesidade de facer visible a situación das mulleres na sociedade, denunciar as desigualdades entre mulleres e homes ou ben fomentar a igualdade entre uns e outras nos ámbitos laborais, culturais, deportivos, familiar, étc.
Na presente edición a campaña achégase aos centros escolares e á cidadanía en xeral cunha xornada de reflexión sobre o deporte e a igualdade.

Dende as Concellerías de Deportes e Servizos Sociais, da man de Oscar Losada Castro, director das revistas deportivas O Dez e Zona Press, e Carlos Castro Pinhão, director da revista de fútbol feminino e estudoso da historia do fútbol feminino o vindeiro día 10 de marzo en horario de mañá para os centros escolares e en horario de tarde para toda a comunidade, analizarase a discriminación e desigualdade que seguen a sufrir as mulleres no mundo do deporte.

Por outra parte ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, traballará unha serie de ferramentas ao longo do mes de marzo para acadar a igualdade real destas mulleres en función das súas necesidades e expectativas.

A información e inscrición para participar nestes seminarios estará dispoñible no departamento de servizos sociais municipais.