Oferta de emprego: Técnica/o de Igualdade

Oferta de emprego: Técnica/o de Igualdade

AMPLIAMOS EQUIPO:

Buscamos a unha persoa coa titulación de FP Superior en Promoción da Igualdade de Xénero para desenvolver os programas de igualdade da Asociación.

Valorarase a disponibilidade de vehículo propio, a formación en áreas complementarias para o traballo con infacia e xuventude, en proxectos de desenvolvemento comunitario, etc.

O contrato será a tempo parcial, cunha xornada de entre 15 e 20 horas semanais, e o centro de traballo estará situado en As Pontes, se ben será necesario moverese por toda a comarca do Eume.

As persoas interesadas poden remitir o seu curriculum, ata o venres, 6 de febreiro, ao correo euroeume@euroeume.org