Descrición do posto como montador/a de invernadoiros en Invernadoiros FERTRI.
Serás responsable da instalación e montaxe de invernadoiros e estruturas metálicas agrícolas. As túas tarefas diarias incluirán a preparación do terreo, ensamblaxe de pezas metálicas, e verificación da estabilidade das estruturas.
Este é un posto de tempo completo e realizarase de maneira presencial con base nas nosas instalacións situadas en Pontedeume.
Funcións:
Montaxe de estruturas metálicas para invernadoiros.
Instalación e axuste de compoñentes.
Requisitos: Valórase experiencia en montaxe industrial ou metálico. Dispoñibilidade total para viaxar. Actitude proactiva e capacidade de traballo en equipo.
Condicións: Segundo convenio do Siderometal.
Horario: De luns a venres de 7 a 15 h; posibilidade de quendas (mañá e tarde) segundo demanda.
Contacto: lcalo@fertri.com
