Últimos eventos pasados

Xornada Xogos Xigantes ao aire libre

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume

Este luns 3 de abril, de 17:00 a 20:00 horas no Paseo Marítimo Rosalía de Castro, xornada popular de xogos xigantes ao aire libre. Disporase tamén dunha zona deportiva dentro do pavillón IES Breamo con opcións de baloncesto, fútbol, futbolín, etc. A actividade está dirixida a todos os públicos.

XVI Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume

Pontedeume acolle a exposición fotográfica do 16º Premio Luís Ksado O Concello de Pontedeume acolle a exposición que recolle os traballos distinguidos no 16º Premio Luís Ksado de creación fotográfica. A mostra estará aberta na Casa da Cultura de martes a domingo en horario de 18.30 a 20.30. Inclúese a obra de Brais Lorenzo, “Lume”,...