eventos para 18 Maio - 8 Maio

I Carreira Popular Río Eume

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

'I Carreira Popular - Río Eume' organizada pola Asociación Deportiva e Cultural Monte Breamo o vindeiro domingo 5 de marzo. Unha fermosa carreira sobre asfalto con saída no Paseo Marítimo Rosalía de Castro de Pontedeume en dirección ata as Fragas do Eume. Ida e volta, para rematar no mesmo lugar da saída. Inscricións: https://www.ins.cronotec.es/web-evento/8036-i-carrera-popular-rio-eume  

Charla Telefónica-Movistar

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O vindeiro 7 de marzo terá lugar unha charla por parte da empresa Telefónica-Movistar na Casa da Cultura ás 19:30. A empresa de comunicación convida a todas e todos os solicitantes de instalación de fibra óptica coa compañía para un encontro con persoal técnico para a toma de datos e realización dun estudo particular de...

Programa Rede Paraugas

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Pontedeume ofrece grupos de axuda mutua para familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa O Concello de Pontedeume informa do Programa "Rede Paraugas", que consiste en grupos de axuda mutua que se realizarán na vila. A iniciativa diríxese a familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa. As sesións serán gratuítas e ofrecerase unha xornada mensual...

Sementeira de versos

Paseo Marítimo Paseo Marítimo, Pontedeume, España

Coa colaboración das entidades educativas eumesas.

Lectura participativa de poemas

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Coa actuación musical de AC Airiños do Eume

Shakespeare en Roma- Teatro en Santiago de Compostela

Actuación teatral, a cargo do CDG-Salón Teatro, que terá lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela. O Concello de Pontedeume anuncia a representación da obra “Shakespeare en Roma”, á que se poderá acudir en autobús gratuíto dende a vila. A función, a cargo do CDG - Salón Teatro, será o...