“Ultreia no Camiño Inglés : a misión do Ara Solis”

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

“Ultreia no Camiño Inglés : a misión do Ara Solis”

25 Outubro, 12:30 - 13:30

Unha vieira con botas vermellas. Un can falador. Un misterio no fondo do mar. E unha misión que pode cambiar o mundo.
Ultreia sempre pensou que o seu lugar estaba no fondo do océano. Pero cando escoita unha voz misteriosa e é arrastrada ao mundo humano, comeza a aventura máis incrible da súa vida.
Transformada en nena e guiada pola moura Xiana, Ultreia deberá facer o Camiño Inglés ata Santiago de Compostela e descubrir cal é a súa verdadeira misión. Polo camiño, fará novos amigos —como Alexandre, Breixo e o leal Patuco— e enfrontará perigos, misterios e unha maldición que leva séculos agardando por ser rota.
Pero… como se pode salvar o mar se só es unha nena cun bastón, unhas botas e un corazón valente?

Sobre a autora

Branca Vilela (Fisterra, A Coruña). Á idade precoz de 14 años xa recibía diferentes premios a nivel comarcal en Poesía e Relato curto. Baixo a protección do Nobel Camilo José Cela, aos 18 anos, publica os seus primeiros poemas. Publicó “Anclas varadas en la memoria” (Sial, 2004). Con “A Faciana das augas” (Toxosoutos, 2005) recibe a mención de honra da crítica norteamericana, pola Universidade de Dakota do Norte, ao mellor poemario escrito en lengua romance, o que a leva a realizar unha xira por diferentes Estados de EEUU. “Préstame tu voz”, (SIAL,2008) é finalista do II Certame Internacional Rubén Darío 2008.

Detalles

Data:
25 Outubro
Hora:
12:30 - 13:30
Categoría do Evento:

Recinto

Casa da cultura
Rúa San Agustín, 20
Pontedeume, A Coruña 15600 España
+ Google Map