Recital poético-musical homenaxe a F.García Lorca e Alexandre Bóveda
- Este evento xa pasou.
Recital poético-musical homenaxe a F.García Lorca e Alexandre Bóveda
18 Agosto, 2022, 20:30 - 22:00

Con motivo do aniversario da morte do poeta Federico García Lorca e do pensador e político Alexandre Bóveda, levarase a cabo, coa colaboración do Concello de Pontedeume, a Fundación Alexandre Bóveda e a Casa Museo Federico García Lorca de Granada, unha homenaxe a ambos os dous persoeiros.
Un recital poético e musical que contará coa presenza da filla e o neto de Alexandre Bóveda e no que se poderán escoitar os versos do poeta granadino así como diferentes temas musicais ambientados na vida e figura do autor.