II Trail Monte Breamo
- Este evento xa pasou.
II Trail Monte Breamo

Volve un dos trails máis populares da nosa comarca grazas ao gran traballo realizado pola ADC Monte Breamo.
Este ano con máis novedades e novos percorridos.
Non vos podedes perder a oportunidade de correr nun entorno inmellorable e nun dos pobos máis destacados de toda a contorna, percorrendo parte da nosa cultura e tradición pola natureza.
Nesta segunda edición, coma na anterior, contarase con dúas distancias e unha andaina.
Lugar da saída: Praza do Conde
*Trail curto: 13 km. (Saída 10:00 horas)
*Trail longo: 23 km. (Saída 10:30 horas)
*Andaina: 10 km. (Saída 10:35 horas)