Dende o Centro de Saúde de Pontedeume levaranse a cabo unha serie de “andainas saudables” organizadas polos profesionais do centro.
Realizaranse un total de 8 sesións que consistirán en comezar con 5-10 minutos de quecemento, unha andaina que inicialmente será de 30 minutos a un ritmo moderado polo paseo marítimo e finalizarase con 5-10 minutos de estiramentos.
En caso de non poder realizar a andaina por mal tempo, realizaranse actividades alternativas dentro do centro de saúde.
Horario: 11:30h-12:30h nas datas indicadas no cartel da actividade.
