O vindeiro 4 de agosto contaremos cunha charla divulgativa de Óscar Blanco Varela, astrofotógrafo e divulgador, que compartirá a súa experiencia na observación de eclipses totais de Sol e ofrecerá as claves para comprender este fenómeno.
Por outra banda, os máis pequenos poderán participar nun obradoiro no que aprenderán, dun xeito práctico e divertido, como observar a eclipse con seguridade.
Unha oportunidade para achegarse á astronomía e desfrutar dun acontecemento excepcional que poderá verse desde Galicia.
