XIV encontro de bicicletas clásicas da Peña Ciclista Leboreira
XIV encontro de bicicletas clásicas da Peña Ciclista Leboreira

XIV ENCONTRO DE CLÁSICAS LEBOREIRA
A Peña Ciclista Leboreira organiza unha nova edición do seu tradicional Encontro de Clásicas, unha cita imprescindible para os amantes das bicicletas históricas e do ciclismo clásico.
Domingo 21 de xuño
Saída ás 11:00h
Casa da Cultura de Pontedeume
Nesta décimo cuarta edición celebrarase a tradicional Ruta do Polbo en Bicicleta Clásica, reunindo afeccionados e afeccionadas chegados de distintos puntos para compartir unha xornada de deporte, convivencia e paixón polas bicicletas de época.
Un evento xa consolidado no calendario deportivo e cultural da nosa vila, que contribúe a manter viva a historia do ciclismo.