Día Internacional do Ioga
Día Internacional do Ioga
21 Xuño, 11:00 a.m.

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO IOGA
O vindeiro domingo 21 de xuño celebrarase en Pontedeume unha xornada especial con motivo do Día Internacional do Ioga .
A actividade consistirá na realización de 108 Saúdos ao Sol, unha práctica tradicional que combina movemento, respiración e concentración.
A sesión será impartida por Andrea Carrera e Romina Porto.
- Paseo Marítimo de Pontedeume (fronte ao IES Breamo)
- Domingo 21 de xuño
- 11:00h
En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes A Casqueira.
- Actividade gratuíta
- Aberta a todos os públicos e niveis
- É necesario levar esterilla propia
Unha oportunidade perfecta para conectar co benestar, a saúde e a natureza nun entorno privilexiado.