Enlace de inscripción: https://shortlink.uk/1w5Do
Abordará temas como:
• A experiencia real de HIFAS DÁ TERRA no Programa do IGAPE Re-acciona.
• Como transformar os retos de sustentabilidade en oportunidades de mellora e crecemento.
• Que proxectos poden financiarse a través do programa. • Como acceder ás axudas e cales son os requisitos para participar.
• Que servizos poden axudar á vosa empresa para avanzar en sustentabilidade, eficiencia e competitividade.
O obxectivo desta sesión é mellora a competitividade das pemes achegando ás empresas ferramentas prácticas e coñecemento actualizado, financiado polo IGAPE o 80% do custo do proxecto.
Entre as actuacións subvencionables destacan:
✓ Estratexias de integración ESG.
✓ Cálculo de pegada de carbono e plans de redución de emisións.
✓ Memorias de sustentabilidade segundo o estándar VSME.
✓ Análise da cadea de subministración responsable.
✓ Códigos éticos e canles de denuncia.
✓ Plans de igualdade e diversidade.
✓ Estudos de impacto ambiental e social.
