Obradoiro street workout
Obradoiro street workout
30 Marzo, 18:00 - 20:00

O vindeiro 30 de marzo, en horario de 18:00 a 20:00 horas, realizarase un obradoiro de iniciación ao street workout no Parque de Calistenia do Paseo Marítimo Rosalía de Castro 💪🌿
Actividade dirixida a persoas de 10 anos ou máis.
Participación de balde.
Unha oportunidade perfecta para iniciarse na calistenia e descubrir unha nova forma de adestramento ao aire libre.
Non é necesaria experiencia previa.