Elaboración da axenda local de economía social de Pontedeume

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Elaboración da axenda local de economía social de Pontedeume

2 Decembro, 18:00 - 19:30

Pontedeume pon en marcha a sua Axenda Local de Economía Social e
Solidaria, unha ferramenta estratéxica para construír un modelo de
desenvolvemento máis sostible, máis humano e máis conectado co
territorio. Un plan que busca impulsar emprego digno, fortalecer o
tecido local, promover iniciativas comunitarias e facer da vila un lugar
con máis futuro para todas.

Este plan forma parte da iniciativa INNSOCIAL, unha metodoloxía
innovadora que combina investigación territorial, participación cidadá e
aliñamento coas principais estratexias nacionais e europeas en economía
social.💡

Agora damos un paso clave: a xornada participativa aberta á cidadanía e
aos axentes sociais. Queremos escoitar a toda a comunidade para
responder ás necesidades reais da vila: envellecemento, migración
xuvenil, falta de vivenda, mortalidade empresarial… pero tamén se apoie
nas fortalezas do territorio, como o comercio local, o turismo sostible,
a identidade mariñeira ou o tecido social activo.

🫱🏼‍🫲🏽 A túa voz é fundamental!
📣 Queremos coñecer as túas ideas, preocupacións e propostas.
🌱 Axúdanos a construír un modelo produtivo baseado na cooperación, a
sustentabilidade e o ben común.

“Un proxecto subvencionado polo Ministerio de Traballo e Economía Social a través da Universitat de València.”

📅 Participa na xornada e forma parte do futuro de Pontedeume
inscribíndote aquí:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdBiMLumg72fPawciRJLVVFd_wyDJw2zVegydTEJs4uJF_LLg/viewform?usp=sharing&ouid=102291756445524429594

Detalles

Data:
2 Decembro
Hora:
18:00 - 19:30
Categoría do Evento:

Recinto

Casa da cultura
Rúa San Agustín, 20
Pontedeume, A Coruña 15600 España
+ Google Map