Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Charla informativa sobre comunidades enerxéticas

2 Outubro, 2025, 7:30 p.m. - 9:00 p.m.

O Concello de Pontedeume, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22, no marco do proxecto “Redenerxía”, organiza unha charla informativa dirixida a toda a poboación do municipio. O evento, de acceso libre e gratuíto, ten como obxectivo achegar o concepto das comunidades enerxéticas e as súas vantaxes á cidadanía.
A charla celebrarase o vindeiro xoves, 2 de outubro, ás 19:30h na Casa da Cultura.
Durante a xornada explicaranse as oportunidades que ofrecen as comunidades enerxéticas para a explotación dos recursos locais, os seus beneficios económicos e ambientais, e os pasos necesarios para a posta en marcha deste tipo de iniciativas.
O proxecto “Redenerxía” busca fomentar a transición cara a un modelo enerxético máis sostible e participativo na comarca, e esta charla en Pontedeume é un paso clave para involucrar á veciñanza neste proceso.
Invítase a toda a poboación, asociación, pequenas e medianas empresas e comunidades de montes a participar para coñecer de primeira man unha alternativa que pode xerar aforro económico e impulsar o desenvolvemento local de maneira sostible.

Detalles

  • Data: 2 Outubro, 2025
  • Hora:
    7:30 p.m. - 9:00 p.m.
  • Categoría do Evento:

Recinto

  • Casa da cultura
  • Rúa San Agustín, 20
    Pontedeume, A Coruña 15600 España
    + Google Map