O Programa de talleres culturais 2025/2026 é un programa de animación e dinamización social e, como tal, ten como obxectivo xeral: fomentar a participación e integración social da poboación, a través de distintas actividades.
A través da Concellería de Servizos Sociais, esta nova edición pon en marcha unha serie de actividades dirixidas á comunidade en xeral e outras, que están encadradas dentro do programa de envellecemento activo e prevención da dependencia e van dirixidas ao colectivo de persoas maiores de 60 anos, concretamente: unha quenda de ioga en horario de maña e 5 quendas de memoria.
Todas estas actividades se desenvolverán en distintos espazos municipais tanto no caso urbano como nas parroquias co obxectivo de favorecer a participación das e dos maiores.
O prazo de inscrición para todas elas será do 1 ao 19 de setembro dando comenzo nesta edición no mes de outubro. Todas as persoas interesadas en participar ou informarse poden facelo no Departamento de servizos Sociais municipal ou por vía telemática na sede electrónica do Concello.
