Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Exposición fotográfica-Enfocando á muller silenciada

1 Agosto, 2022, 7:00 p.m. - 15 Agosto, 2022, 9:30 p.m.

Horario: 19:00-21:00 horas

“Enfocando á muller silenciada” é un traballo baseado na propia experiencia do autor.
Despois de fotografar en diferentes países as accións cotiás que a muller realiza, o xornalista José Luis Fernández Liz conclúe que se lle segue outorgando un papel secundario, que o trato é discriminatorio e que a desigualdade sexual segue sendo notable.
Con este traballo o autor pretende poñer en evidencia o inxusto trato que a sociedade outorga á muller e faino baixo o obxectivo 5 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2015, que non é outro que lograr a igualdade entre os xéneros.
José Luis Fernández Liz é lucense, fotógrafo, xornalista e catedrático de Administración de Empresas. Publicou libros de economía, de fotografía e de viaxes.

Detalles

  • Comezo: 1 Agosto, 2022, 7:00 p.m.
  • Remate: 15 Agosto, 2022, 9:30 p.m.
  • Categorías do Evento: ,

Recinto

  • Casa da cultura
  • Rúa San Agustín, 20
    Pontedeume, A Coruña 15600 España

Organizador