PROGRAMA DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL MADRUGADORAS/ES

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL “ “MADRUGADORAS/MADRUGADORES

2025/2026

Entre os días 1 e 25 de agosto estará aberto o prazo de inscrición para o o vindeiro curso escolar 2025/2026 do Servizo de Conciliación Municipal “Madrugadoras/Madrugadores”, dirixido ás familias con nenas e nenos escolarizados en infantil e primaria nos centros escolares: CEIP Couceiro Freijomil e CEIP de Andrade. Esta medida de conciliación promovida por esta administración local realizada en ambos centros funcionara dende o mes de setembro de 2025 ata o mes de xuño de 2026, coincidindo co calendario escolar.

Este servizo é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez, nos propios centros escolares para que as nenas e nenos almorcen. Para máis información ou inscricións poden achegarse ao departamento de servizos sociais municipais.

MODELO SOLICITUD