Latest Past Events

Andaina de Nadal 2025

Concello de Pontedeume Rúa Real, 13, Pontedeume

Saída ás 09:30 dende o Torreón dos Andrade. 10Kms. Dificultade MEDIA. Duración aproximada: 2.5h. Prazas limitadas. Inscricións na Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade), no e-mail oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981 43 02 70. Unha nova oportunidade de coñecer o noso fermoso entorno natural.  

Inauguración Poboado de Nadal

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume

O acto de inauguración do Poboado de Nadal festexarase o vindeiro venres día 20 de decembro ás 19:00 h nos Xardíns da Casa da Cultura. Esta actividade trae algunhas sorpresas para as nenas e os nenos pero, sobre todo, trae sorrisos e ilusión, así como os mellores desexos nestas datas tan especiais.

Teatro de bonecos: Meco e Sono (de 0-3 anos)

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume

Meco e Sono é unha peza de teatro de bonecos e creación sonora. A experiencia en escena e narración para a primeira infancia da compañía Xarope Tulú xúntase á dramaturxia e ao son e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial, coidada e novidosa proposta para crianzas...