Turismo - Praias
 










Praias

Sopazos:

É a única situada dentro do perímetro do casco urbano propiamente dito, situada o remate do peirao, case baixo a ponte do ferrocarril, dotada de duchas de auga doce.

Centroña:

Está situada na parroquia de centroña aproximadamente a dous quilómetros de Pontedeume pola estrada da costa. Forma unha serie de calas que coa subida de marea quedan moi reducidas.

Ver:

Situada na parroquia de Boebre, aproximadamente a seis quilómetros de Pontedeume. Praia de bo acceso, dotada de duchas de auga doce.

A Insua:

Situada na parroquia de Boebre. É pequena de acceso por unha escaleira de terra, frecuentada polos que desexan practicar o nudismo. Tamén se lle conoce co nome de praia da Carboeira.

Perbes:

Situada na estrada da costa, no límite co Concello de Miño. É unha praia compartida con este concello limítrofe.

CQpro.com