Turismo - Parques - Fragas - Xeomorfoloxía
 










Xeomorfoloxía

O aspecto máis notable da área é a súa variación altitudinal, que vai desde o nivel do mar, ó oeste, ata case os setecentos metros no somonte da serra da Loba, no seu extremo leste. Esta diferencia altitudinal sálvase por medio de sucesivos chanzos.

Así, desde a costa cara ó interior, atopámo-la superficie de erosión tortoniense, que se sitúa arredor dos 200m de altitude e constitúe as terras baixas das mariñas que rodean a embocadura do Eume, a superficie de erosión aquitaniense, situada por encima da anterior, a unha altura aproximada de 400m, e a superficie fundamental superior eóxena-paleóxena, situada arredor dos 600 m de altitude.

Tamén cómpre sinalar, por unha parte, o encaixe dos cursos baixos e medios dos ríos, que dan lugar a canóns espectaculares (de máis de 300 m de altura) e, por outra, a existencia de fosas ou bloques afundidos, das cales a máis importante é a depresión das Pontes de García Rodríguez e maila ría de Ares-Pontedeume.

As formacións máis importantes de gargantas e canóns atópanse bordeando a serra do Forgoselo, continuando río abaixo a partir da presa.


CQpro.com