Turismo - Parques - Fragas - Solos
 










Solos

Caracterízanse por un elevado contido en materia orgánica, baixa capacidade de cambio e elevada acidez. Presentan texturas grosas e elevada porosidade.

Xeralmente son leptosoles e cambisoles, aínda que poden dar lugar a procesos de podsolización e gleificación , segundo o proceso edafoxénico.

Os solos sobre lousas e flitas ocupan unha superficie importante, sendo os podsoles o tipo de solo máis frecuente, mentres que os solos derivados das rochas da formación ollo de sapo presentan, en xeral, texturas grosas e boa drenaxe, con propiedades similares ás dos solos graníticos.

Os solos sobre rochas básicas soamente ocupan unha estreita franxa nas proximidades de Pontedeume.


CQpro.com