Servicios - Bombeiros
 










Bombeiros

Telf.: 112 (servicio 24h)

En total, os bombeiros do Eume realizaron o pasado ano 94 intervencións, das que máis dun 38% tiveron lugar durante os tres meses do verán, mentres que a actividade foi moito máis reducida de xaneiro a marzo.

Dos principais concellos que se sitúan no seu ámbito de actuación (Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño e As Somozas), os maiores despregamentos realizáronse na vila pontesa, con 36 intervencións, seguida de Pontedeume e Cabanas, onde predominaron os incendios en vivendas.

Ademais, dos 149 movementos de vehículos do parque, 86 foron en primeira saída cos autobomba -os habituais-, 41 fixérono cos camións cisterna, e 22 foron os de brazo articulado con escaleira usados, por exemplo, para o rescate de persoas en alturas.

A evolución do Servizo de Bombeiros levou a que este sexa un servizo profesional, capaz de actuar en situacións de urxencia con resultados satisfactorios, conseguindo, xa que logo, a seguridade dos cidadáns e os seus bens.

CQpro.com